Análise lingüística sobre a Secuencia de Santa Eulalia

Secuencia de Santa Eulalia

Extraído de: https://ca.wikipedia.org/wiki/Eulàlia_de_Barcelona



Buona pulcella fut Eulalia 

Bel auret corps, bellezour anima.

Voldrent la veintre li Deo inimi,

Voldrent la faire diaule servir.

Elle no’nt eskoltet les mals conselliers,

Qu’elle Deo raneiet chi maint sus en ciel.

Ne por or ned argent ne paramenz,

Por manatce regiel ne preiement ; 

Niule cose non la pouret omque pleier

La polle sempre non amast lo Deo menester.

E por o fut presentede Maximiien,

Chi rex eret a cels dis soure pagiens.

Il li enortet, dont lei nonque chielt,

Qued elle fuiet lo nom christiien.

Ell’ent aduret/adunet lo suon element.

Melz sostendreiet les empedementz

Qu’elle perdesse sa virginitet.

Por o’s furet morte a grand honestet. 

Enz enl fou lo getterent com arde tost.

Elle colpes non auret, por o no’s coist.

A czo no’s voldret concreidre li rex pagiens,

Ad une spede li roveret tolir lo chieef.

La domnizelle celle kose non contredist.

Volt lo seule lazsier, si rouvet Krist.

In figure de colomb volat a ciel.

Tuit oram que por nos degnet preier

Qued auuisset de nos Christus mercit

Post la mort et a lui nos laist venir

Par souue clementia.

 

Extraído de: https://es.wikipedia.org/wiki/Secuencia_de_Santa_Eulalia



A secuencia de Santa Eulalia ou Cantinela de Santa Eulalia é un texto moi relevante da lingua francesa que mostra as primeiras evolucións lingüísticas da mesma. Non se pode determinar unha data exacta para este texto, mais crese que no ano 885 foron trasladados os ósos da santa. Nesa mesma data, prodúcese un cambio lingüístico moi drástico. A maneira gráfica na que está representada o texto reflexa con exactitude a evolución das características da lingua francesa. Dentro das linguas románicas, o francés caracterízase por ser a lingua que máis evolucións ten, a máis allea ao latín. Por este motivo, o francés fixo unha autoreflexión sobre a súa lingua, pois existiu dende un comezo a necesidade dunha regularización e debate sobre a súa grafía. Isto repercutiu no ensino do francés actual, pois existe unha inmensa distancia entre o francés antigo e o francés moderno, que son moi diferentes debido á súa enorme evolución. Isto explica por que os alumnos franceses atopan enormemente difícil a comprensión dos textos medievais. 

 

Para a análise deste texto, vanse examinar tres niveis diferentes. Primeiro, analizarase o nivel fonético-fonolóxico; a continuación, o nivel morfosintáctico e para finalizar o nivel léxico-semántico. Dentro da análise fonética, distinguiremos entre dous grupos: vocalismo (que á súa vez, divídese en tónico ou átono) e consonantismo. 

 

A nivel fonético, dentro do vocalismo átono diferénciase un trazo distintivo que indica os primeiros indicios de lingua románica, neste caso do francés concretamente. Estase a falar da ditongación das vogais ŏ (“o” breve latina) e ĕ(“e” breve latino) que se encontraran sempre en sílaba libre. No texto atópase buona que provén do latín BŎNAM:

o        BŎNAM > buona (bonne francés actual)

O “Ŏ”, breve latino da sílaba “bo-” ditonga en este caso en “uo”. Outro exemplo sería a palabra menestier que provén do latín MINISTERIUM:

o        MINISTERIUM > MINISTER > menestier 

Cae o “-um” e o “i” acaba desaparecendo. O “Ĕ” breve latino da sílaba “-te-”, non “-ter”, ditonga en “ie” porque se atopa en sílaba libre. Tamén a palabra seule fai a súa ditongación desta maneira:

o        SOLUM > seule 

O “o” tónico en sílaba libre “so-” ditonga a “eu”. Outro exemplo, esta vez co “e” sería cielCiel provén da palabra latina CAĔLUM:

o        CAĔLUM > ciel

Ĕ breve latino ditonga en “ie” porque se atopar en sílaba libre. Non obstante, poden verse palabras como or no verso 7; inda se conserva or que non ditongou, mais si o fará máis adiante na forma au. Faise fincapé na necesidade de que sexa unha sílaba libre se non a ditongación non se produce, como é o caso de morte que provén do latín MORTEM. O “o” tónico atópase en sílaba cerrada “mor-” acabada en “r”, polo que non ditonga.

 

Outro trazo diferenciábel do francés dentro do vocalismo átono é a ditongación ou palatalización da vogal “a” tónica, tamén sílaba libre. Atópanse varios exemplos deste trazo, como é, por exemplo, a palabra pagiens, que provén de PAGÁNUS. 

o        PAGÁNUS > pagiens

O “a” tónico da sílaba “-ga-”, sílaba libre, ditonga a “ie”. Outra palabra pode ser regiel:

o        REGALI > regiel 

Semellante ao anterior, o “a” tónico da sílaba “-ga-” ditonga a “ie”, como o “-ga-” de PAGÁNUS. Outro caso deste tipo de evolución lingüística é a palabra presentede, provén do latín PRESENTATA

o        PRESENTATA > presentede 

O “a” tónico en sílaba libre da sílaba “-ta-” evoluciona a “e” pola palatización. Tamén a palabra spede que provén da palabra latina SPATHA:

o        SPATHA > spede

A “a” tónica da síbala “spa-” evoluciona a “e”. Outro exemplo máis, a palabra christiien do latín CHRISTIANUM:

o        CHRISTIANUM > Christiien

O “a” tónico ditonga nun “ie”, neste exemplo tamén hai un caso de iode. E para finalizar, a palabra chielt que evoluciona da forma KALT:

o        KALT > chielt

O “a” tónico ditonga a “ie” en sílaba libre

 

Unha vez analizado o vocalismo tónico, pasará a analizarse o vocalismo átono. O francés é a lingua que máis vocalismos átonos finais perde. Neste texto aínda os conserva, mais iso non significa que se pronunciaran, ou en cuxo caso, se pronunciaran como unha “e”. Por exemplo: Eulalia, buona, anima ou presentede. Concretamente, no caso de presentede xa vemos na grafía unha “e” que substitúe unha “a” de PRESENTATA (como xa foi explicado antes, o “a” tónico evoluciona a unha “e”). 

 

No caso do consonantismo tamén atopamos diferentes trazos evolutivos. Algunhas consonantes en posición final chegan a desaparecer porque deixan de pronunciarse. Véxase o caso de: futeskoltetvoldrent… este “t” final deixa de pronunciarse pese a estar aínda representado graficamente. Non é o caso do “s” final, que si se conserva é por exemplo o caso de corpspagiensempedementz (escrito con z pero ca pronuncia /s/) … Tamén existe unha grande palatalización. A vogal “a” tónica ademais de evolucionar en “e” ou “ie” tamén palataliza a consonante oclusiva velar xorda “k+a” ou a oclusiva velar sonora “g+a”. Por exemplo: CAPUT > chief. Outros exemplos son chi que evoluciona do latín  QUI ou chielt, do latín KALT. A oclusiva velar xorda pasa de /k/ a palatalizar nunha africada postalveolar xorda /tʃ/ que finalmente acabará no francés actual nunha fricativa postalveolar xorda /ʃ/. No caso da palabra kose (do latín CAUSA), a oclusiva velar xorda (/k/) non palatalizou na época na que está escrito o texto. Non obstante, si o fai no francés actual, chose transcrito foneticamente en /ʃoz/. Tamén existe unha fricativización que se produce en palabras como manatce que provén de MENACE que empregan a grafía [t] para este procedemento. Aczo son dúas palabras latinas xuntas que producen unha africada, pois no francés contemporáneo sería a forma aço. Finalmente, tamén se produce unha sonorización da oclusiva xorda intervocalica como é o caso de  presentede < PRESENTATA, o “t” intervocálico (oclusiva xorda intervocálica) evoluciona a “d”, nun proceso de fricativización que se deu en varias linguas románicas. Esta “d” acaba por perderse no francés actual, dando como resultado presenté, non obstante, nese texto inda se conserva. Tamén é o caso de SPATAT > spede. Non é o caso de virginitet que si conserva, pola contra, a postalveolar oclusiva xorda /t/.

 

A continuación, estudarase a evolución a nivel morfosintáctico, distinguindo entre morfoloxía nominal e morfoloxía verbal. Dentro da morfoloxía nominal, cabe destacar o uso de “-s” final que pode ser un indicador de plural, mais non necesariamente o é. Non se observan casos nin declinacións bicasuais. A indistinción de plural ou singular co “-s” vese reflectido claramente nos artigos; li é un artigo plural en caso suxeito mais non ten “s” final e por outro lado lo é un caso réxime singular. Inimi é un caso suxeito plural que tampouco emprega o “-s”. Christus é un caso suxeito que si o leva, pero na súa forma réxime, Krist, non o leva. Outro exemplo atópase no verso 12, a palabra pagiens está en caso réxime singular, mais leva “-s”, refíreae ao rei, non é un plural. No texto tamén se recollen palabras que levan integradas restos dos antigos comparativos sintéticos, isto pode verse en bellezour. Isto quere dicir que o sufixo “-our” é un sufixo comparativo, concretamente trátase do morfema superlativo. Este trazo desaparece nos textos posteriores. A nivel da morfoloxía verbal, vese que como varía a formación de futuros e condicionais por medio, mesmo na palabra, dun morfema, por exemplo sostentreit

 

Dentro do nivel léxico-semántico podemos ver que aínda existe moita liberdade na orde de sintáctica. Isto acontece no latín, a diferenza do francés actual que consta dunha estrutura moi ríxida. No verso 2 bel auret corps(“fermoso tiña o corpo”) sería unha estrutura imposible no francés contemporáneo, é unha desagregación do sintagma nominal. En li Deo inimi (“os inimigos de Deus”) a orde das palabras aínda segue a forma latina. No verso 4 Voldrent la Faire diavle servir (“quería facela servir ao diablo”), o verbo posiciónase no final, é dicir, non segue o modelo de SUXEITO+VERBO+COMPLEMENTO que rixe o francés. No verso 10, la polle sempre non amast lo Deo menester, prodúcese unha dislocación da orde habitual de lo Deo menestier, que debería estar inserido na frase nominal e non ao final da oración. No verso 21, A czo no’s voldret concreidre li rex pagiens, prodúcese outra vez unha dislocación da orde habitual, o suxeito “rei” (Rex) posiciónase ao final. Finalizando, no verso 27, ued auuisset de nos Christus mercit, o suxeito e o verbo tamén está ao final (“que tivese de nos cristo mercede”). Finalmente, para rematar este análise, vaise tratar a continuación a parte léxica. Neste texto recóllese a palabra pulcella (doncella virxe) que máis tarde desaparecerá. Emprégase a palabra chielt, pero tamén acabará desapareciendo. Preier en francés actual é prier,  termo que si se mantén na forma común, mentres que noutras linguas como o castelán é un cultismo. No texto tamén se acha a palabra chief que se empregaba para referirse á cabeza, mais despois foi substituído por tête. Dita palabra recuperase para referirse chef tal e como hoxe en día o coñecemos, como xefe de cociña ou noutras expresións tales como chef-d'oeuvre que se refire á obra culme dunha producción artística.

Comentarios